fondo

xoves, 2 de novembro de 2017

HOXE NA ESCOLA...OBRADOIRO DE GRAFISMO

Esta semana  traballamos a LÍNEA RECTA ou "de raia" como algúns a chamaron. O outro día e co motivo do Samaín, fixemos as patas dunha araña e a súa telaraña. Hoxe centrámonos noutra cousa da natureza que normalmente debuxamos con raias, O SOL. Después de falar un pouquiño do que é unha línea recta, larga, "de raia" ou estirada decidimos facer os raios do sol con diversos obxetos da aula pero, eso sí, colocándoos en filiña...





Despois levamos as raias ó papel: primeiro fixémolo con ceras entre o "código de barras" que aparecía na folla e logo atrevémonos con pincel e témpera. Comezamos moi ben pero algúns emocionáronse no camiño e o resultado non é o esperado ¡seguiremos prácticando!




Tamén continuamos ca temática do Samaín porque aínda nos quedaron algunhas actividades pendentes. Estivemos vendo os vídeos de Eugenia Romero sobre o vocabulario do Halloween e algús xogos de atención. Aquí os deixo por se os queredes volver a ver ou xogar na casa...






Nestes días poñerei o enlace ó Blogue do Equipo de Normalización Lingüistica do Centro onde poderedes ver fotos da festa do Magosto e Samaín...

Ningún comentario:

Publicar un comentario