fondo

mércores, 29 de novembro de 2017

A NOSA INICIAL CON ARTE... ¡ACTUALIZADA!

Durante a Asamblea despois das cancións de Bos días e algúnha outra de traballo das partes do corpo como "Esta puente va a caer" "yo tengo una casita..." "Pincho, Pancho y Moncho"... facemos xogos cos nosos nomes:
  • Recoñecemento global do noso nome.
  • Recoñecemento da nosa primeira letra
  • Recoñecemento global dos nomes dos compañeir@s
  • Recoñecemento doutras letras polas que comeza o nome dos compañeir@s
 Colocamos as nosas fotos ó lado da nosa inicial. Un ratiño máis para fixarnos no nome e na nosa letra.
Despois decoramos as nosas iniciais con plastilina. Facer pequenas boliñas e apretar e arrastrar ben sobre a letra, traballando así a presión das mans e dedos.








Hoxe tocou rematar esa actividade e comezamos facendo o fondo do noso cadro cunha técnica xa traballada: puntillismo cos bastoncillos, aínda que algún acabou facendo raias pero ¡qué sería da arte sen estes artistas!





Despois do recreo aproveitamos que xa secaran para completar dita actividade. Tocou momento RECUNCHOS e ún deles era este, no que contaban coa miña axuda (senón quedamos sen cola nun momentiño)













Cando ían acabando aproveitei para presentarlles unha nova actividade posta na aula: buscar o nome e intentar escribilo debaixo.



Mentras tanto, o resto estaba nos RECUNCHOS con coches (desapareceron como xogo libre e só van a aparecer en momentos coma estes), as construccións e os puzzles.
Coches

Construccións


Non teño fotos dos puzzles porque cando cheguei o recuncho tiñan todos os puzzles mezclados, púxenme a axudalos e olvideime. ajajaja

Tamén temos un novo xogo para traballar as LÍNEAS RECTAS: verticais e horizontais. Consiste nuns fíos no que están enganchados uns bichos e que hai que levar para diante e para atrás ou de arriba a abaixo. Eso sí, algún faino con tanto entusiasmo que xa o tivemos que arranxar unhas cantas veces.


Ningún comentario:

Publicar un comentario