fondo

sábado, 18 de novembro de 2017

CLASIFICAR E SERIAR...

Un concepto matemático importante que estamos a traballar é a clasificación. Clasificamos obxetos de maneira intuitiva: primeiro amóselles o meu xogo (clasifico en dúas bandexas sen dar unha explicación verbal) e pídolles que eles e elas continúen o meu xogo. Desta maneira podemos observar as ideas previas que teñen uns e outras e así traballar dende ese punto. O de clasificar resúltanos para a maioría bastante claro: coches con coches e construccións con construccións; animais e coches; por cores; animais e pezas; nenos e nenas... aínda que algún todavía non usa o mesmo criterio (e tampouco sabe explicar porque o fai de esa maneira e non outra)
clasificación por cores

clasificación coches ou animais


clasificación nenos e nenas

 Unha vez que facemos dous grupos por clasificación podemos SERIAR, colocando un obxeto de cada grupo de forma alternativa. Aquí comeza de novo o meu xogo, que deben tratar de adiviñar intuitivamente, sen ningunha orde dada.





 O primeiro resultado é colocación aleatoria. Asi que probamos con outra clasificación e a súa seriación:

Así comezo eu...

 O resultado tampouco parece o esperado (aínda que o máis importante é ir descubrindo cales son as súas ideas e razoamentos para poder traballar a partir delas)

Finalmente, e coa axuda de algúns que xa se atopan nese punto de razoamente, podemos chegar a facer unha boa seriación.
seriación nena-neno (feita por Mauro)

Entretanto, seguimos falando de MOITOS-POUCOS e MOITOS-UN: na aula somos moitos nenos e poucas nenas, hoxe estamos no cole moitos nen@s e ún neno na casa...

Ningún comentario:

Publicar un comentario