fondo

mércores, 8 de novembro de 2017

O NOSO NOME CON ARTE...


Continuamos co traballo do noso nome e onte tocou acabar a composición artística e como toca pintar, toca mandilón. Seguimos practicando para aprender a poñer o mandilón de maneira autónoma: darlle a volta ás mangas agarrando polo cuello, colocalo no chan e "poñer a capa", esta última parte xa a fan moi ben, pero o seguinte obstáculo todavía non está dominado, OS BOTÓNS. Pero non desesperamos, e como bos compañeiros axudámonos ¡moito máis doado!
E cando xa estamos listos poñémonos máns á obra, cunha técnica nova, OS BASTONCILLOS. A idea era mollar na pintura e puntear as cores polo folio que servirá de base pero xa sabemos que na realidade as cousas non son tan doadas... e a creatividade é a que manda. Os resultados foron xeniais e o máis importante non hai ún igual




 Unha vez seco faltábanos a última parte, colocar as letras do noso nome. Tiñamos a nosa foto e nome como referencia pero como calquer outro puzzle non sempre encaixan ben...jajaajaj


 E xa para rematar tocaba limpar e sacar os mandilóns...unha tarea tamén complicada, pero ahí están os compañeir@s para axudarnos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario