fondo

sábado, 25 de novembro de 2017

O VENRES ...

Este venres fixemos o descubrimento das iniciais dos nomes dalgún nen@ que tiñamos pendente e fixemos unha pequena exposición no chan de todas xuntas. Algúns nen@s teñen un nome que comeza pola mesma inicial que outr@ compañeir@. Este é un primer acercamento á primeira letra do noso nome. Faremos moitas más actividades relacionadas (tivemos un día un pouco disperso no que foi complicado facer as actividades planificadas pero a flexibilización e adaptación ós nen@s é fundamental)



Tamén fixemos unha tarefa cos primeiros tres números (neste punto penso que o fundamental é falar das tres primeiras cantidades xa que a cifra é todavía un símbolo abstracto). Pouco a pouco van crecendo as imaxes que temos de cantidades feitas con fotos dos propios nen@s (algún todavía non quixo facer a foto)

 Cando se cometen erros sempre hai quen se de conta e tente correxilo. O importante non é o erro (que tamén sirve para darnos conta se están atentos, se entenderon a tarefa ou se todavía teñen dificultades que hai que traballar) senón a explicación de porqué se fai dunha maneira ou doutra, síntoma de que existe ou non comprensión da tarefa requerida.

Ademáis disto, andamos a traballar no outono e aproveitamos que por fín choveu para facer unha actividade especial. Esta actividade faise de forma individual coa miña axuda polo que nos vai levar uns cantos días. Aquí vos deixo os primeiros traballos...

 Esta actividade implica moitas cousas: 1º emprego de pipetas: meter na auga, apretar, soltar e sacar, volver a apretar para imitar a choiva e observar como as pingas van escorregando. Observamos como as pingas iban baixando e debuxando unha línea recta (botámoslle tinte azul para poder ver o camiño)

Posteriormente, usamos a cola blanca e o algodón para encher a nube. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario