fondo

luns, 6 de novembro de 2017

RECUNCHOS...

Hoxe estivemos traballando por recunchos...Como éramos pouquiños fixemos únicamente tres recunchos: nun recuncho xogamos cos pinchos a facer líneas rectas, despois xa os deixei xogar libre; noutro recuncho fixemos churros de plastilina ¡cómo lles custa! e colocar pedriñas de cores; e no terceiro recuncho comezamos unha actividade co nome propio, coloreamos cada letra do noso nome dunha cor (cores primarias: azul, amarelo e vermello). En posteriores sesións remataremos esta actividade...


















 Tamén traballamos un pouquiño a cohesión de grupo e o sentido do tacto, neste caso con plumas que fan cóxegas. Por parellas, dedicamos uns minutiños a facer cóxegas a nosa  parella.


E non podía faltar un ratiño de xogo libre no que cada ún pode escoller o que lle apetece xogar de maneira individual, por parellas...







Ningún comentario:

Publicar un comentario