Traballamos con cantidades de tapas e as caras do dado. O xogo consistía en tirar o dado e colocar tantas tapas como aparecían no dado.
E despois recordando as series de dous elementos...
finalmente descubrimos unha caixa con varios obxetos pequenos que comezaban por mmmmm como Martina e Mauro, e outros que comezaban por ppppppppp como Pablo e Paula. Este é un traballo de conciencia fonolóxica co que nos iniciamos nos sons que forman as palabras e que posteriormente serviranos de moita axuda para ler e escribir.
Consigna: "colle un xoguete que comece igual co teu nome, mmmmmmm"
Tamén dedicamos un tempo o xogo de gavetas :
Trazamos co dedo os números do 1 ó 3 nestas plantillas feitas en lixa suave e despois intentamos trazalo na bandexa de area (pan raiado)
Traballamos a psicomotricidade fina co tableiro que nos fixo María, a mamá de Pablo
Xogamos a cazar moscas tirando o dado. Aquí traballamos cas cantidades do 1 ó 6 e a psicomotricidade fina dos dedos facendo boliñas e aplastándoas para tapar as moscas cazadas.
Cantidades do 1 ó 3 Series de dous elementos
puzzles
A plastilina ademáis de servir como recreación da matanza do porco tamén serve para facer letras.