fondo

luns, 11 de febreiro de 2019

OBRADOIROS CAS FAMILIAS

Xa estamos de volta con moita enerxía así que toca organizar os obradoiros dos que vos falei ó inicio de curso. Básicamente consiste en que catro papás-mamás veñen un venres durante unha hora e media (de 10 a 11:30  os xogos durarán unha hora pero sempre fai falta un ratiño de organización, recibimento e despedida) para compartir connosco uns recunchos de xogo. Cada papá-mamá será o encargado de dirixir un recuncho-xogo e cada 10-12 minutos un grupo de nenos rotará, pasando así nesa horiña polos catro recunchos. Pasareivos un calendario  ca organización en canto teña as vosas posibilidades. Se queredes vir máis de un por neno avisade se vos organizades mellor vindo xuntos ou en días separados.

Que precisamos?

1. OS VOLUNTARIOS. Se vos apetece vir tedes que mandar a través dos nen@s unha notiña (ou por email) decindo quen vai vir, e algunha observación que vos interese (algún día concreto que podedes dispoñer, se vides varios mellor xuntos ou separados, se sodes especialistas nalgún xogo que prefirades, se se vos ocurre algúnha idea...)

2. OS RECUNCHOS. Nas primeiras sesións e para tomar contacto de cómo funcionan os recunchos imos xogar ós seguintes xogos:


  • A TARTA DE CUMPLEANOS. Este ano todos vamos a cumplir 5 anos (xa temos unha cumpleañeira pero no xogo volveraos a cumplir 😀) e temos que ser os primeiros en colocarlle a nosa tarta cinco velas.
  • XOGO DO UNNO. É un xogo de cartas nos que os nenos por turno teñen que ir botando ó mazo as súas cartas ben da mesma cor ou co mesmo número.
Resultado de imaxes para unno cartas
  • LINCE.  Este xogo consiste en buscar nun taboleiro no que aparecen moitas imaxes unha dada, o primeiro en atopala coloca a súa ficha. Gaña o primeiro que coloque no taboleiro as súas tres fichas.
Resultado de imaxes para lince eureka kids
  • SORPRESA. Hai un cuarto xogo que todavía está sen decidir 😉
Empezaremos canto antes... ESPERÁMOSVOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario