fondo

xoves, 14 de febreiro de 2019

MÉRCORES entre animais e tics

Como todos os días comezamos dándonos os bos días e situándonos no día no que nos atopamos.

Despois aproveitamos a canción de Bartolito, moi coñecida por todos, para traballar cos animais da granxa. Despois de escoitala tiñamos que recordar que animais imitaba Bartolito, en qué orden e cubrimos unha ficha cas pegatinas correspondentes e escribimos o seu nome


Tamén introducín un novo xogo Tic para o que precisamos empregar a PDI e a tablet. O Kahoot é un xogo de preguntas-respostas moi sinxelo pero que gusta moito ós nenos. Por parellas, puxémonos frente a pantallas e eu axudáballes cas preguntas  KAHOOT
comezamos metendo un código

aparece a 1º pregunta

Aparecen, neste caso, dúas posibles respostas identificadas con cores e formas e deberán empregar  a tablet a modo de pulsador para responder a correcta. Fixéronno xenial!
Tamén aproveitamos un ratiño que nos quedou antes de irnos para traballar ca codificación axudando o coello pirata a atopar o seu tesouro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario