fondo

martes, 12 de febreiro de 2019

LUNS DE VOLTA....

Este luns retomamos as tarefas habituais despois de que me contaran toooodo o que estiveron facendo na miña ausencia.  Foi Jesús o encargado de mirar que día era hoxe no calendario e escribilo na pizarra coa nosa axuda. Despois tocou recordar as cancións de bos días e botar de menos ós nenos que non viñeran ó cole.
E como non podía faltar, un ratiño de gavetas nas que seguimos repasando as grafías dos números e as cantidades, construcción das grafías, os nomes dos compañeiros, as iniciais, os matices das cores, a psicomotricidade fina ca chave inglesa e o destornillador...













Este trimestre tiñamos programado comezar co proxecto "Animais da granxa" e xa fixeran ca profe Lucía unha iniciación do mesmo, creando un recunchiño para colocar os animais que temos na clase da granxa. Nós demos continuación cun par de fichas para escribir entre todos o nome dos catro animais máis típicos das granxas e xa o fan moi ben. Neste trimestre notóuselles moita melloría tanto no trazado de letras como no recoñecemento dos sons que forman parte das palabras polo que xa saben escribir moitas palabras soliños.

TAmén fixemos un laberinto, que lles axuda moito na orientación espacial, para axudar o coelliño a chegar ata a herba. Coma sempre, aproveitamos para traballar 1º co dedo, lápiz, rotulador e punzón. E finalmente poñer o nome do animal.






E antes de marchar e rematar o día non podía faltar a nosa despedida co xogo do cohete no que temos que facer unha conta regresiva. É unha maneira amena de traballar os números do 10 ó 1 e ademáis o ter varios niveis pódese adaptar os niveis de cada neno. Algúns só queren sair nos máis complicados!



Ningún comentario:

Publicar un comentario