fondo

luns, 18 de febreiro de 2019

ENTRE LETRAS E SONS...

Arrancamos a semana cas tareas do encargado de calendario e a palabra do día. Tamén engadimos outra tarefa a esta encargada, repasamos as grafías e a súa correspondencia  de cantidade.


Despois metémonos en tarefas do noso proxecto Animais da granxa. Que animais coñecemos, cales sírvennos para comer ou dan outros alimentos...

E aproveitamos a temática para facer "problemas gráficos": Que ves? Cántos animais hai? Cántos teñen dúas patas? Cántos nacen dun ovo?...
Tamén facemos un pouco de conciencia fonolóxica "escribindo" palabras sinxelas de catro letras con axuda, recalcando os distintos sons que compoñen cada palabra. Na primeira imaxe aparecen as catro letras desperdigadas e tres debuxos, para escoller o correcto ben propoñíalles unha pista "é un animal que empeza por pppppp e vive nos lagos" ou ben algúns mirando as letras adiviñaban a palabra escondida.





Tamén tivemos un ratiño de baile, para desperezar o corpo, e xogo con gavetas.





Despois do recreo e de descansar un pouquiño fixemos un laberinto e dous recunchos: plastilina e Bee Bot. Neste último continuamos co xogo que comezamos o outro día pero cambiando os animais do taboleiro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario