fondo

xoves, 21 de febreiro de 2019

2º SESIÓN DE OBRADOIROS CAS FAMILIAS ACTUALIZADA!

Este venres fixemos a segunda sesión de recunchos ca mamá e o papá de Paula e ca mamá de Pablo. Arrancamos o día con Pablo como encargado do calendario. E xa estabamos listos para comezar os xogos...



  • KABOOM! Este xogo consiste nun bote cunha serie de paus con palabras, letras ou números que teñen que ler. Por turnos, van collendo un pau e tratan de ler o que pon: se acertan gañan o pau e paso o turno ó seguinte, se fallan deixan o pao de novo no bote. Pero coidado, porque algúns teñen a palabra KABOOM e eso supón a pérdida de todos os paos gañados






  • BATALLA DO LOBO. É un xogo de cartas que consiste en lanzar ó mesmo tempo sobre a mesa unha carta do mazo. Gaña as cartas aquel que lance a de máis valor. Quen conseguirá un maior número de cartas?







  • MONSTRUOS NUMÉRICOS. Tira o dado e consigue encher o primeiro as casillas cos números para destruir ó monstruo







  • OCA. E non podía faltar un clásico, o xogo da oca.
Regras: 
Oca: De oca a oca e tiro porque me toca. O xogador que cae na oca móvese ata a seguinte e volve a tirar
Ponte: de ponte a ponte porque me leva a corrente. Tanto hacia adiante como hacia atrás.
Posada: un turno sen xogar
Dados: De dado a dado
Pozo: un turno sen xogar
Cárcel: un turno sen xogar
Calavera: volves a casilla  de partida
Para conseguir a oca do medio tes que facelo co número exacto, en caso contrario volves cara atrás tantos pasos como marque o dado.




Pasáronno xenial e encima tiveron de regalo unhas galletas.
 MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario