fondo

luns, 25 de febreiro de 2019

LUNS RAPEIRO

Arrancamos a semana do Entroido pero seguimos traballando 😀 Esta vez tocoulle a Lucas facer as tarefas do calendario: o día da semana, do mes, o mes no que nos atopamos que está a punto de rematar, a palabra do día e cántos nenos e nenas vimos a clase e o total. Nesta última tarefa traballamos moito cos números do dez e vamos collendo a idea da decena.





Despois puxémonos mans a obra cas nosas siluetas da Granxa


Tivemos que crear a cor gris pero enseguida souperon con qué dúas cores se facía


Costounos un poquiño máis conseguir a cor marron para a galiña...pero sempre temos internet e conseguímolo!


Fixemos un xogo de atención moi doado...buscar o animal que non tiña parella e despois escribimos no encerado o nome do animal que escollemos:
POLLITO

VACA

CERDO

Tamén tocou un ratiño de pantalla antes de ir para o comedor:

COELLO PIRATA. no que tes que seguir o código marcado para que o Coello atopa o seu tesouro

COLLEITHA DE MAZÁS. Axuda a George a pescar a mazá correcta da recta numérica


COELLOS DE PASEO.  Move o camión para recoller as cenorias

Se facedes click co rato no nome do xogo podedes probalo na casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario