fondo

domingo, 17 de febreiro de 2019

1º SESIÓN DE OBRADOIROS EN FAMILIA ACTUALIZADA!

Xa temos @s primeiros voluntarios para o obradoiro en familia polo que este venres daremos comezo  á 1º sesión...Manuela, Cruz, Yolanda e José serán os primeiros atrevidos que compartirán connosco unha sesión de xogos...
Chegou o día...Tati deu comezo á xornada como encargada do calendario e da palabra do día: BURRO


e xa chegaron os papis para pasar un rato connosco. Aquí tedes unhas cantas fotos do ben co pasamos:
Manuela foi a encargada do xogo do UNNO. Nesta primeira sesión traballamos con este famoso xogo de cartas únicamente cas cartas de números, pouquiño a pouco iremos introduccindo as cartas máis complicadas




 Jose foi o encargado de xogar co LINCE versión Eureka kids, que é un pouquiño máis doada xa que ten un número menor de imaxes...pero xa están preparadísimos para introducir o propio lince


 Yolanda foi a encargada do DOMINÓ. Resultoulles tamén doado de entender, enseguida pillaron as regras do xogo.


 Cruz foi a encargada do xogo "A tarta de cumpreanos" que tamén lles gustou moito aínda que este xogo requería un pouco máis de tempo có resto.


 Como vedes hai catro mesas, catro equipos de nen@s que van rotando polos distintos xogos cada 12 minutos máis ou menos. Estes xogos pretenden traballar diversos contidos propios da etapa pero tamén é unha bonita convivencia cas familias que poden compartir un ratiño cos seus fillos e cos amigos destes. Ademáis, trouxéronnos unhas galletas de dinosaurio para a merenda Que máis se pode pedir? 😋





MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!

 Este venres teremos a 2º sesión cos papás de Paula, papá de Asier e a mamá de Cloe. ESPERÁMOSVOS!



Ningún comentario:

Publicar un comentario