fondo

xoves, 21 de febreiro de 2019

MARTES...

O Martes a encargada do calendario foi Paula e pouco a pouco imos introducindo novas tarefas ó encargado: revisar o día que foi onte e o día de hoxe no calendario, escribir a data completa na pizarra e facer a palabra do día. O martes andavamos pola D de diadema, miramos cantas sílabas, letras ten e cal é a primeira e a última. 


Ademáis completou cas pinzas os números do seis ó dez (ou decena) e prometínlles que ibamos a completar xa a serie numérica con máis números "os chulitos" (do 11 ó 15)
A nova tarefa consiste en facer "sumas" de cantos nenos e nenas estamos na clase cada día. Cada neno tiña unha tapa verde e cada nena unha tapa vermella: Cantos nenos hai? Cántas nenas hai? E se xuntamos nenos e nenas, cántos hai en total?


Tamén tivemos un primer acercamento os amigos do dez: aqueles números que xuntos son igual a dez. Se eu poño  cinco tapas, cántas faltan para chegar a dez?...


Completamos estas tarefas con xogos na pizarra dixital:

Se o indio da esquerda ten dúas plumas cantas lle temos que poñer ó da dereita para que entre os dous teñan dez...
E sempre hai un ratiño para afianzar contidos: Enche tantos vasos de auga como indiquen os dedos da man
Aplasta os cadrados...

Aplasta os triángulos, os de cor amarela...

Tamén fixemos recunchos, neste caso como faltaban nenos xúntamonos e fixemos tres:
Puzzles


ESCRITURA E REPASO DOS NÚMEROS DE LIXA MONTESSORI

O mellor e cando teñen ideas como a que se amosa na foto. Como non tiñan número dez para a súa recta construíronno con lápices ou canto empezan a construir "os chulitos"

PINTADO DO PRIMEIRO ANIMAL DA NOSA GRANXA












Ningún comentario:

Publicar un comentario