fondo

mércores, 13 de febreiro de 2019

MARTES MATEMÁTICO...

Comezamos a xornada co encargado de realizar o día e marcar no calendario, contanto cantos días levamos de mes
Despois toca un repasiño os números máis baixos, base do resto, que xa teñen case todos dominado. Fixemos un pequeno xogo de dedos no que eu amosaba unha cantidade de dedos e eles dicían a qué cantidade correspondía e o fixeron moi ben (incluso cos "chulitos" que son aqueles números que a profe Lucía lles ensinou que cambiaron de nome. En lugar de ser dieciuno, diecidos...chámanse once, doce...)
A continuación o xogo da Bolsa de caramelos. Que mellor maneira de traballar as cantidades cun dulce, e se o facemos ben gañamos un.




Primeiro separamos por sabores e logo analizamos de que sabor hai máis, de cal menos e cantos hai de cada un. Facemos as grafías e bocado dulce😋
Tamén fixemos unhas actividades relacionadas con letras, nas que había que escribir varias palabras escollendo a letra correspondente
9letras.wordpress.com

E escoller a vocal ou sílaba correcta despois de escoitala



Ningún comentario:

Publicar un comentario