fondo

luns, 25 de febreiro de 2019

LUNS RAPEIRO

Arrancamos a semana do Entroido pero seguimos traballando 😀 Esta vez tocoulle a Lucas facer as tarefas do calendario: o día da semana, do mes, o mes no que nos atopamos que está a punto de rematar, a palabra do día e cántos nenos e nenas vimos a clase e o total. Nesta última tarefa traballamos moito cos números do dez e vamos collendo a idea da decena.





Despois puxémonos mans a obra cas nosas siluetas da Granxa


Tivemos que crear a cor gris pero enseguida souperon con qué dúas cores se facía


Costounos un poquiño máis conseguir a cor marron para a galiña...pero sempre temos internet e conseguímolo!


Fixemos un xogo de atención moi doado...buscar o animal que non tiña parella e despois escribimos no encerado o nome do animal que escollemos:
POLLITO

VACA

CERDO

Tamén tocou un ratiño de pantalla antes de ir para o comedor:

COELLO PIRATA. no que tes que seguir o código marcado para que o Coello atopa o seu tesouro

COLLEITHA DE MAZÁS. Axuda a George a pescar a mazá correcta da recta numérica


COELLOS DE PASEO.  Move o camión para recoller as cenorias

Se facedes click co rato no nome do xogo podedes probalo na casa.

xoves, 21 de febreiro de 2019

MÉRCORES E XOVES...



Algunhas fichas da granxa e de atención.




E como lles había prometido trouxen novos números...vaise complicando a cousa. Algún xa saben que o número dez tamén se lle chama decena asi que vamos a introducir pouquiño a pouco este concepto. Hoxe fixemos un truco para contar dunha maneira máis doada...cada dez paliños unímolos nunha goma e xa sabemos que ahí hay dez. Entón se queremos facer once facemos un paquete máis un...




Qué número representan os palillos...
Esto vainos a servir para facer sumas xa que cada neno terá un paliño, cantas nenas hai? Cántos nenos? e se xuntamos os paliños das nenas e dos nenos, Cántos son en total? Poden contar todos os paliños xuntos e logo construir o número co noso truco polo que todos nos daremos conta que número representa...
Seguimos co proxecto da granxa construíndo nomes dos animais...


E tamén contamos con tres contos de animais que trouxeron Martina e Leo

MARTES...

O Martes a encargada do calendario foi Paula e pouco a pouco imos introducindo novas tarefas ó encargado: revisar o día que foi onte e o día de hoxe no calendario, escribir a data completa na pizarra e facer a palabra do día. O martes andavamos pola D de diadema, miramos cantas sílabas, letras ten e cal é a primeira e a última. 


Ademáis completou cas pinzas os números do seis ó dez (ou decena) e prometínlles que ibamos a completar xa a serie numérica con máis números "os chulitos" (do 11 ó 15)
A nova tarefa consiste en facer "sumas" de cantos nenos e nenas estamos na clase cada día. Cada neno tiña unha tapa verde e cada nena unha tapa vermella: Cantos nenos hai? Cántas nenas hai? E se xuntamos nenos e nenas, cántos hai en total?


Tamén tivemos un primer acercamento os amigos do dez: aqueles números que xuntos son igual a dez. Se eu poño  cinco tapas, cántas faltan para chegar a dez?...


Completamos estas tarefas con xogos na pizarra dixital:

Se o indio da esquerda ten dúas plumas cantas lle temos que poñer ó da dereita para que entre os dous teñan dez...
E sempre hai un ratiño para afianzar contidos: Enche tantos vasos de auga como indiquen os dedos da man
Aplasta os cadrados...

Aplasta os triángulos, os de cor amarela...

Tamén fixemos recunchos, neste caso como faltaban nenos xúntamonos e fixemos tres:
Puzzles


ESCRITURA E REPASO DOS NÚMEROS DE LIXA MONTESSORI

O mellor e cando teñen ideas como a que se amosa na foto. Como non tiñan número dez para a súa recta construíronno con lápices ou canto empezan a construir "os chulitos"

PINTADO DO PRIMEIRO ANIMAL DA NOSA GRANXA