O martes xa demos un bo uso a nosa pizarra nova: empregámola para escribir o día que era...e que ben o fan xa con un pouquiño de axuda!
Despois tocou día matemático e seguimos xogando cas cantidades:
1º ordenamos por "cal ten menos?"
2ºTocaba poñer nun plato vacío a mesma cantidade que outro escollido da nosa fila
Comprobando...
As veces tiñamos que correxir por iso era moi importante a comprobación comparando un a un e evitando así as confusións daqueles que non coñecen ben os números3ºUnha vez visto as dúas filiñas iguais mezclámolas e había que buscarlles parella de novo
E chegaron os indios...
"Coloca tantas plumas no teu indio coma ten o meu"
e comprobamos
E despois de tanto número pasamos as letras. Tiñamos que formar o noso nome cas letras da nosa caixa, comprobando así se nos faltaba algunha xa que estas caixas forman parte das nosas gabetas de xogo e as veces mézclanse.
E despois dun baile para relaxar un pouco fixemos unha última actividade na pantalla creando conxuntos equivalentes, coa mesma cantidade, que o modelo de enriba.
E nesta actividade xogamos un pequeno xogo de atención...VEO VEO...un animal, un xoguete...
![]() |
VEO VEO Eugenia Romero |
Despois do recreo estivemos facendo un pouquiño de IOGA para relaxar e RECUNCHOS...
Puzzle conxunto...
Plastilina
Recuncho dirixido sobre cantidades
FAcemos unha serie cos pinchos
Xa vedes que traballamos un montón...
Ningún comentario:
Publicar un comentario