Fixemos unha conta matemática co elementos propios do outono: follas, ourizos cacho, buhos, setas...Por parellas, e logo dunha pequena demostración o grupo enteiro, analizamos o noso bote con cousas do outono: xuntamos, contamos, equivalemos e representamos.
E despois de recoller...Mirade que ben enroscan as alfombrillas!...tocou facer algún xogo de equivalencia na pantalla.
E aproveitamos tamén para recordar cun xogo online as series do estilo AB AB...aínda que as veces teñen problemas coa pantalla ¡non funcionan eses dedos!😋
Ningún comentario:
Publicar un comentario