Estivemos facendo unha mazá de outono moi artística. O primeiriño de todo poñer os mandilóns, que xa o facemos moi ben sobre todo axudarnos uns os outros. Unha vez preparados tocounos estampar con corchos as tres cores das mazás: vermello, amarelo e verde. Noutra sesión, xa que era necesario deixalo secar, intentamos montar o puzzle da mazá e adornámolo con follas taladradas...
A parte de montar o puzzle parecía doada (soamente eran catro pedazos!) pero a algún resultoulle un pouco liosa...sobre todo cando botaban pegamento antes de saber montalo😅
Ningún comentario:
Publicar un comentario