fondo

martes, 30 de outubro de 2018

Martes fantasmagórico....

Aquí temos a Asier comezando o día...imitamos e cantamos con isto traballamos un montón de cousiñas dende a memoria (para recordar as cancións e os signos), a atención para fixarse no que fai el e repetilo ata a vergoña de estar diante dos demáis compañeir@s.
Escribimos o día e o nome
E despois contamos o conto sobre a festa do Samaín que nos trouxo Mauro

Resultado de imaxes para o noso samaín

Despois tivemos un pequeno parón nos plans porque tiñamos algunha confusión co concepto "no medio" Normalmente, cando xogamos ca pantalla temos que apagar o interruptor do medio para poder vela mellor  pero algún neno non acababa de entender cal era a do medio asi que tocou xogar...


"colocate no medio de..."
Pero o problema apareceu cando soamente eran dous...non había maneira de colocarse no medio, movíanse a un lado e a outro pero nada...Despois de varios intentos Martina dixo que soamente había dous...non era posible!😀 Xenial!

Seguimos ca pantalla e os conxuntos equivalentes...si, xa sei, que pesadiña...pero aínda non os temos todos dominados....as veces unimos por o mesmo obxeto non por cantidade

Buscamos a mesma palabra...
E despois tocou un pouquiño de recortado e series monstruosas...Qué ben recortar pola línea!



Despois do recreo estivemos pintando con acuarelas.... quen será cada fantasma? Pintando, pintando foi aparecendo o nome misterioso que o fantasma tiña escondido...Soamente quedaba colocar a foto de cada neno no fantasma correspondente. Aquí tivemos algún que outro problemilla: primeiro cos mandilóns que non todos sabemos poñelos todavía, despois ca pintura que ó empregar auga...algúns romperon o fantasma e outros co nome misterioso...que non aparecía! 😕







Ningún comentario:

Publicar un comentario