fondo

sábado, 13 de outubro de 2018

EXPERIMENTO DE OUTONO: A MAZÁ

Arrancamos co noso primeiro experimento coas mazás por ser un dos froitos do outono. Despois de coñecer un pouquiño como é unha mazá: partes, a súa árbore, flores, semillas... fixemos un experimento o venres que puidemos comprobar pasado o fin de semana. Quixemos descubrir cal era a mellor maneira de conservar unha mazá aberta e tiñamos catro opcións: aire, auga, vinagre ou limón. Fixemos unha primeira conxetura...quén acertará? 



 E aquí tedes o resultado: os pedaciños que se atopaban en vinagre e auga puxéronse máis "naranxas" ou marróns, o que estaba con aire encolleu e o que se atopaba no limón segue igual de blanquiño 😂



Despois decidimos retiralos do líquido e probalos. Cada ún probou o que lle parecía... menudas caras! Só un se decantou polo vinagre...pero casi non lle chegou á lingua 😊 Finalmente, se queremos conservar unha mazá sen que se oxide teremos que metela en limón...aínda que despois saberá algo ácida. Teño que dicir que a que estaba "ó aire" e a de auga gustoulles igual 😉


Ningún comentario:

Publicar un comentario