Seguimos co traballo do son A e esta vez dun modo máis artístico. Construímos unha A que disfrazamos de Abella. Puxemos en xogo o recortado e trazado de líneas. A idea era partir, o mesmiño que o outro día ca plastilina, de tres papeis...pero algún ten outra idea na súa cabeciña e necesitou catro (pero apañouse sen problema 😀)
Recortado
Montaxe
trazado de líneas
Resultado
Tamén completamos a actividade construíndo, a partir de letras soltas, a palabra ABELLA ou ABEJA
Ningún comentario:
Publicar un comentario