fondo

martes, 16 de outubro de 2018

RECUNCHOS

Onte estivemos facendo varias actividades nos recunchos. Normalmente, un dos recunchos conta coa miña axuda e os outros, unha vez explicada a actividade, traballan en equipo...pero as veces é complicado e reclaman a miña presenza constantemente. Por isto, estamos traballando nos equipos e a axuda entre compañeir@s

1.RECUNCHO DE PUZZLE. Neste recuncho tiñamos un puzzle moi especial: unha foto dalgúns nenos da clase que empregamos para actividades de conteo. Aínda que non era complicado, soamente tiña 4 pezas, algún costoulle un pouco.
2. RECUNCHO DE LETRAS. Neste recuncho contaban coa miña axuda xa que tiñamos varias fases. Primeiro recortamos pedaciños de papel que servirían para rellenar a letra A. Despois de rellenar a letra tiñan que recortar debuxos que comezan pola A (reforzamos primeiro o coñecemento do vocabulario e o son da letra incial para ir traballando a conciencia fonolóxica)



3. RECUNCHO DE GALLETAS. Traballamos coa plastilina pero hoxe tiñamos que facer galletas! 


4. RECUNCHO DE PINTADO CON MANLEY. E non podía faltar un recuncho de creación libre, neste caso, empregando pinturas Manley "manchonas"




Ningún comentario:

Publicar un comentario