fondo

martes, 30 de outubro de 2018

LUNS DE MEDO...

O luns comezamos a traballar un pouquiño cos nomes das cousas que nos poden dar medo e propias do Samaín-Halloween xa que están moi motivados ca temática...Pero primeiro o encargado da Asamblea foi Teo...
canción Bos días e Os días da semana
Escribimos o día que é recalcando os sons
Sinalamos a primeira e derradeira letra e dicimos cousas que empecen por...
E despois de falar un pouco do Samaín e as cousas que nos dan medo miramos o vocabulario. Para axudar a facer esta actividade observamos cal era o primeiro sonido de cada debuxo...fixéronno moi moi  ben! 


E despois cada un fixo a súa actividade de maneira individual contando con varios apoios...

 recortar as súas palabras...


Se non sabían podían acudir ó modelo que fixéramos antes coa súa palabra "secreta" na man buscando a que é igual

Non sempre acertamos pero o importante é ir practicando...
Outro posible apoio foi comparar as palabras que lle escribín na ficha coas súas...
E nunca faltan @s compañeir@s que van acabando e axudan os que lles custa máis.

Despois tocaba repasar o vocabulario e facer algunhas actividades de adiviña cal...busca o intruso...remata as frases...relacións lóxicas





Aquí vos deixo o vídeo de Eugenia Romero

E así está quedando a nosa entrada cheiña de cabazas terroríficas...Darvos as grazas polo voso traballo 😊





Despois do recreo sempre volvemos á calma cun pouquiño de música e pintando unha mandala, nesta ocasión co motivo de cabazas.

E algún xoguiño máis ca temática Samaín

Busca a palabra igual...
E outro de cantidades equivalentes...


Ningún comentario:

Publicar un comentario