fondo

mércores, 24 de outubro de 2018

MÉRCORES DE ARTE...

Cando chegamos pola mañá e despois de colgar a súa mochila e chaqueta no percheiro teñen que baixar as sillas e damos comezo a Asamblea. Neste momento revisamos se falta alguén, cantamos cancións de "Bos días" e "Dona Semana" e facemos xogos de imitación para quentar un pouquiño os músculos (cabeza, brazos, pernas, ollos, boca, dedos...) E como xa estamos no 2º curso decidín que xa estaban list@s para ser eles os que leven estos primeiros momentos. Así que ahi temos a Pablo dando comezo a clase e o resto moi moi atentos (máis que cando o fago eu 😏 ) Creo que recordar que xa vos contei anteriormente que as cancións son cantadas e signadas...

E despois puxemos o día da semana entre todos recalcando os sons que escoitamos e axudándolle con pistas como se fai algunha letra se non se acorda (sobre todo aquelas que non son iniciais dos nomes dos compañeir@s) e un xogo que facemos moitas veces nombrando cousas que comezan por ese son:
MMMMM de Mauro, Martina, Mono...EEEEE de  Efrén, estrela, elefante...RRRRR de ratón, a última de Asier... O máis importante non é que escriban perfectamente (eso xa se irá perfeccionando) senón que collan confianza para intentar escribir os sons que escoitan

Despois tocou OBRADOIRO de Arte e para traballar un pouquiño o recortado tendo en conta a temática do outono fixemos un ourizo cacho cos círculos que punzamos nunha sesión anterior.








O primeiriño de todo era debuxarlle os pinchos, a boca e o ollo ó ourizo

Despois tiñamos que cortar ca puntiña da tesoira para facer uns pinchos








E aquí temos o resultado: 


Leváronno para a casa porque os pobres sempre queren levar todo o que fan e non lles deixo porque teñen que gardalo na archivador 😊 pero o máis importante foi o traballo ben feito
Despois uns xogos coas vocais...unhas cancións e a adiviñar cal comeza por....A


Cal comeza por....E

Ningún comentario:

Publicar un comentario