fondo

martes, 30 de outubro de 2018

Asamblea Venres e Biblioteca

O pasado venres Leo foi encargado de comezar a Asamblea. 



Non sei se se aprecia ben o escrito pero estamos a aprender a escribir polos sons polo que todavía non nos interesa a ortografía 😁 senón que vaian collendo confianza.

OS VENRES é o día da Biblioteca polo que aquelas semanas que non haxa cole ese día non haberá cambio de conto debido a dificultade de facer o intercambio. Se algún día o fixéramos avisaría con antelación. 😃

Martes fantasmagórico....

Aquí temos a Asier comezando o día...imitamos e cantamos con isto traballamos un montón de cousiñas dende a memoria (para recordar as cancións e os signos), a atención para fixarse no que fai el e repetilo ata a vergoña de estar diante dos demáis compañeir@s.
Escribimos o día e o nome
E despois contamos o conto sobre a festa do Samaín que nos trouxo Mauro

Resultado de imaxes para o noso samaín

Despois tivemos un pequeno parón nos plans porque tiñamos algunha confusión co concepto "no medio" Normalmente, cando xogamos ca pantalla temos que apagar o interruptor do medio para poder vela mellor  pero algún neno non acababa de entender cal era a do medio asi que tocou xogar...


"colocate no medio de..."
Pero o problema apareceu cando soamente eran dous...non había maneira de colocarse no medio, movíanse a un lado e a outro pero nada...Despois de varios intentos Martina dixo que soamente había dous...non era posible!😀 Xenial!

Seguimos ca pantalla e os conxuntos equivalentes...si, xa sei, que pesadiña...pero aínda non os temos todos dominados....as veces unimos por o mesmo obxeto non por cantidade

Buscamos a mesma palabra...
E despois tocou un pouquiño de recortado e series monstruosas...Qué ben recortar pola línea!



Despois do recreo estivemos pintando con acuarelas.... quen será cada fantasma? Pintando, pintando foi aparecendo o nome misterioso que o fantasma tiña escondido...Soamente quedaba colocar a foto de cada neno no fantasma correspondente. Aquí tivemos algún que outro problemilla: primeiro cos mandilóns que non todos sabemos poñelos todavía, despois ca pintura que ó empregar auga...algúns romperon o fantasma e outros co nome misterioso...que non aparecía! 😕







FESTA DO SAMAÍN...

Este mércores festexaremos o Samaín facendo algúns xogos con esta temática e unha merenda conxunta cos máis pequenos. NON é necesario que traian merenda (sí mochila para levar o vaso para a casa) Dende o Equipo de Normalización Lingüística decidiuse que poden vir caracterizados PINTANDO A CARA e evitando complementos que podan perderse ou facerse dano.




LUNS DE MEDO...

O luns comezamos a traballar un pouquiño cos nomes das cousas que nos poden dar medo e propias do Samaín-Halloween xa que están moi motivados ca temática...Pero primeiro o encargado da Asamblea foi Teo...
canción Bos días e Os días da semana
Escribimos o día que é recalcando os sons
Sinalamos a primeira e derradeira letra e dicimos cousas que empecen por...
E despois de falar un pouco do Samaín e as cousas que nos dan medo miramos o vocabulario. Para axudar a facer esta actividade observamos cal era o primeiro sonido de cada debuxo...fixéronno moi moi  ben! 


E despois cada un fixo a súa actividade de maneira individual contando con varios apoios...

 recortar as súas palabras...


Se non sabían podían acudir ó modelo que fixéramos antes coa súa palabra "secreta" na man buscando a que é igual

Non sempre acertamos pero o importante é ir practicando...
Outro posible apoio foi comparar as palabras que lle escribín na ficha coas súas...
E nunca faltan @s compañeir@s que van acabando e axudan os que lles custa máis.

Despois tocaba repasar o vocabulario e facer algunhas actividades de adiviña cal...busca o intruso...remata as frases...relacións lóxicas





Aquí vos deixo o vídeo de Eugenia Romero

E así está quedando a nosa entrada cheiña de cabazas terroríficas...Darvos as grazas polo voso traballo 😊





Despois do recreo sempre volvemos á calma cun pouquiño de música e pintando unha mandala, nesta ocasión co motivo de cabazas.

E algún xoguiño máis ca temática Samaín

Busca a palabra igual...
E outro de cantidades equivalentes...