fondo

xoves, 10 de maio de 2018

OS PROTAGONISTAS DA SEMANA: JESÚS, GRACIELA E CHRISTIAN 3

Hoxe tivemos a visita especial da mamá e o papá dos trillizos. Jesús ata se puso a chorar pensando e que ó final non entraban....
Despois de presentar ós compañeiros a súa mamá contounos o conto de Carapuchiña Vermella e estiveron moi atentos ¡encántanlles os clásicos!
Despois o seu papá contounos que traballaba nunha queixería facendo queixos ca leite das vacas e aquí comezamos a enlazar as vacas de Mauro que son de leite, co papá de Efrén que recolle a leite das explotacións co camión do leite e lévaa á fábrica para facer queixos (aínda que Mauro asegurou que era un tal Alfredo o que recollía na súa casa ajajjajajaj)
A súa mamá tamén nos contou que traballa nun supermercado e algúns si que a coñecían de vela traballando.

E como xa é costume, non sei se boa ou mala porque xa están mal acostumados, trouxéronnos un agasallo para cada un: un queixo. ¡mmmmmm que rico! Algún xa o probou na merenda que hoxe viña o pelo xa que tocaban lácteos.

Contámoslle algunha das travesuras que fan os trillizos na clase e Martina tamén lle preguntou a súa mamá se na barriga remexían moito (non recordo a palabra exacta) ajajjajajaj unha moi boa pregunta. Tamén se me acordou a min preguntarlles se durante a xestación estaban na mesma bolsa, separados... e Mauro preguntou de que bolsa  falábamos. Enseguida enlazou o tema ca bolsa dos becerros e que as vacas non teñen que ir ó hospital, pero cando lle dixen que iría o veterinario xa me aclarou que sólo se había problemas porque tiña que traer algo que eles non tiñan (non dixo "algo" senón unha palabra que non recordo 😉)

Como o tema estaba poñéndose moi interesante estivemos vendo un pequeno vídeo de un bebé na barriga e fixemos un debuxo no encerado simulando a barriga da mamá cos bebés dentro.

E, como no podía ser de outra maneira, antes de irse déronlle bicos e abrazos os papás porque somos moi cariñosos 😊

¡MOITAS GRACIAS POLA VISITA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario