fondo

martes, 22 de maio de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: ADRIÁN 2

Hoxe fixemos algunhas tarefas relacionadas co seu nome e o número de letras
 Primeiro ordeamos as letras facendo fincapé no seu sonido
 Chegou o momento de contar as letras que ten e crear a recta numérica
 Despois aproveitamos que as letras son rugosas para repasalas cos dedos no seu sentido de escritura


E propuxemoslle un reto: un rinoceronte e unha águia. ¿por cal dos sons do teu nome comezan estes animais? Primeiro repasamos varias aves ata chegar á águia.

Finalmente tocou repasar os nome dos números e a súa correspondencia con pinzas.

O protagonista tamén fai tarefas de chamar para lavar as mans, para poñerse á fila, repartir material...

O final do día lin un dos seus contos "A qué sabe a lúa?" que non se atreveu a ler el. Gústalles moito e recordábano algo de cando o trouxo Cloe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario