fondo

xoves, 24 de maio de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: ADRIÁN 3

Ademáis do seu cumple Adrián contou cunha visita moi especial, papá e mamá viñeron a visitarnos

Xa sabemos que o seu papá chámase Moisés e a súa mamá chámana Maribel, os dous nomes comezan igual que Martina e Mauro (aproveitamos calquera ocasión para buscar sons iguais 😀 incluso algún chega pola mañá sinalándome as letras da súa camiseta e a relación cos nomes dos compañeiros)
Ó principio Adrián non quería estar sentado cos papis pero ó final animouse a contar un conto coa súa mamá e fomos buscando entre todos os poliñas da galiña que iba perdendo pola granxa


Tamén nos contaron que a súa mamá é profe e o seu papá traballa na "Vacaloura" co avó dunha nena da clase (aínda que ela puxo cara de non saber nada  jajajajaaj)
Despois contáronnos que a Adri gústanlle moito os animais, e o seu favorito é o tigre e para que o recordemos trouxéronnos un xoguete feito por eles dun tigre que lle gusta xogar a pelota... andivemos practicamente e non nos sae nada mal 😉
E para rematar, a comida favorita de Adrián é o chocolate blanco asi que compartiu con todos nós unhas linguas de gatos de varias cores (blanco, rosa, laranxa e marrón). Imaxino que algunhas non chegaron á casa xa que na merenda sempre lle damos unha probiña....ajajajajaj

¡MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario