fondo

luns, 14 de maio de 2018

AS LETRAS GALEGAS

Onte estivemos falando de María Victoria Moreno, a escritora a quen lle adicamos este ano o Día das Letras Galegas. Entre todo o Centro estamos a crear un mural sobre a súa vida e obra para expoñer nos corredores e na aula de 3 anos decidimos coller o seu poema "Almorzo" do libro Eu conto, ti cantas...
Resultado de imaxes para maria victoria moreno  Resultado de imaxes para maria victoria moreno

Despois de contar o poema comezamos traballando os nosos nomes dun xeito moi especial, con sopa de letras, xa que no poema menciónase que pediu un café con leite e a camareira tróuxolle unha cunca con letras que escapaban cando as ía comer


Así quedaron os nosos nomes


Despois escribimos no encerado algunhas palabras que as letras formaran no mantel: AMOR, PAN E CASA e outros fixéronas coa sopa de letras para o mural





Para representar as letras da cunca cada un colocou a súa letra principal ou algunha do seu nome


 E aquí tedes o resultado...


Ningún comentario:

Publicar un comentario