fondo

xoves, 3 de maio de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: TATI 3

Hoxe pasaron un ratiño connosco na aula o papá e a avoa de Tati ¡canta vergoña!
 Trouxeron un duende que nos contou o conto de Blancaneves

E regaláronlles unha carteira con cartos e unha chocolatina a cada ún. O papá contounos que el traballa arranxando coches e a mamá de Tati cuida persoas maiores. Tamén que Tati é moi do seu avó... aínda que os nervos non lle deixaban recordar o seu nome 😉
 Despois seguiunos ensinando todos os xoguetes que trouxo na súa caixa...había moito son, parece que é moi bailarina ou cantareira ajajjaajj



 Bailamos a súa música favorita que son os Cantaxogos...sólo un ratiño porque hoxe estaban un pouco nerviosos e houbo varios conflictos 😔
 E rematamos co bote sorpresa número 3. Contiña varias tapas-xoaniñas que estivemos ordeando polos seus puntiños, cal era a que tiña máis e menos e cantas xoaniñas tiñamos en total


Ningún comentario:

Publicar un comentario