fondo

martes, 1 de maio de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: TATIANA

Esta semana a nosa protagonista é Tati e trouxo a súa caixiña chea de cousas para explicarnos máis cousiñas dela.
Comezamos co noso nome, esa primeira palabra máis importante para cada un de nós. Ten letras repetidas asi que tivemos que botar man de cartulinas e rotuladores


Despois de falar un poquiño das letras, o seu son e algún animal que comece igual como tartaruga ou araña abrimos a caixa... Ó principio costoulle un pouquiño explicarnos que era cada cousa pero pouquiño a pouco, e entre risas, fomos sacándolle cousiñas

 Cando empezan a sacar a roupiña failles moita gracia ver o pequeniña que parece agora que xa medraron ¡nin nunha orella lles serve!


 Tamén nos ensinou algunhas fotos de mamá embarazada e a ecografía, así como de cando era moi bebé, recén nacida

 Fixemos o seu recuncho coas fotos e os nomes de mamá, papá e o seu
 E tocaba o xogo das pinzas que nos permite ir avanzando na asociación entre grafías e cantidades que nos manipulamos contando as pinzas.
 Despois fixemos unha actividade nova: conta con tres botes misteriosos para escoller e hai que realizar as actividades que nos suxiren. Escolleu o BOTE 2 vermello


 As actividades que propoñía eran:

  • Facer unha serie de dúas cores
  • Escoller a tapa máis grande
  • Facer equilibrios cos corchos colocándolle a modo de gorro unha tapa verde
  • Buscar a tapa única, a que era distinta a todas
O resto estabamos moi atentos e axudando



Compuxemos o nome na PDI

Fixemos  a retrocuenta do 3 ó 0 co mono George


Ningún comentario:

Publicar un comentario