fondo

luns, 21 de maio de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: ADRIÁN

Arrancamos esta semana con outro protagonista: Adrián que hoxe veu cargadiño con moitas cousas que nos quere ensinar, pero o primeiriño de todo é o nome
 Hoxe toca recordar cando era un bebé... Ensinounos a súa roupiña...e comparámola co seu tamaño actual...¡madre mía, canto creceu xa!


medimos os seus pés actualmente e os seus zapatiños de bebé


 E despois de ensinarnos o seus bibes, o seu muñeco suave e o seu chupete tocou o momento das fotos
 Xa sabemos que ten un irmán maior no cole que se chama Martín, que a súa mamá se chama Isabel e o seu papá Moisés. Tamén vimos fotos co seu irmán montados nun tractor e como lle contaba contos.



Despois colocamos todas as súas cousiñas no recuncho
Pronto teremos que facer un cambio no número de anos xa que o mércores é o seu cumple.

Ningún comentario:

Publicar un comentario