fondo

xoves, 31 de maio de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: ASIER4


Hoxe tivemos a visita máis esperada: os avós e o papá de Asier. Contáronnos cousiñas sobre Asier e tamén o conto dos tres porquiños, unha versión nova na que os porquiños tiñan nome...ah e era un libro de cando o seu papá iba ó cole😀



 Tamén nos contaron que o seu papá é panadeiro e a súa mamá vende pan. E aquí tedes o homiño de pan que nos trouxeron...mmmm qué rico...algúns zamparon dous, outros preferiron levarlle un pedaciño a casa e como.había de sobra tamén lles mandamos os irmáns maiores

!Moitas grazas pola visita!

mércores, 30 de maio de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: ASIER 3

Despois de construir o nome e recordar os animais que comezan polas letras do mesmo pasamos a abrir a caixa. Asier ensinounos un xogo de parellas da patrulla canina que lles encantou, o conto dos tres cerdiños e un tractor con remolque... que é a sensación da clase ajajjajajajajjaj


 A continuación pasamos a ver o seu libro de protagonista. Xa sabemos que a súa mamá chámase Rocío e o seu papá Jose, a súa música favorita é a Patrulla Canina, a súa comida favorita é a pizza e os seus pasatempos a bici, o quad e o parque.


 Antes de marchar para a casa estivemos xogando con Curious George ó lanzador de albóndigas para traballar o conteo.

martes, 29 de maio de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: ASIER 2

Hoxe traballamos co nome e as súas letras e sons. Recalcamos moito o son de cada letra, contámolas e aproveitamos para repasar o recoñecemento do nome dos números do un ó cinco (cara arriba e cara abaixo) e asociamos un animal a cada letra: Abella, Saltamontes, Iguana, Elefante e Rinoceronte.




 Tamén relacionamos cada número coa súa cantidade

luns, 28 de maio de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: ASIER

Hoxe arrancamos cun novo protagonista: Asier e comezamos a clase, despois de saludarnos, coas súas cousiñas de Bebé
 O primeiriño a súa roupiña de bebé...que pequeniños eran ejejejej
 E despois as súas fotos nas que nos mostrou como foi cambiando dende que naceu ata o día de hoxe




Despois preparamos o seu Recuncho coas súas fotos e o seu nome
 Ahora chegou o momento de formar coas letras o seu nome
 E a cantidade de pinzas que leva cada número
 Así quedou o seu recunchiño...

domingo, 27 de maio de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: ADRIÁN 4

Rematou a semana e o seu protagonista cerrou xa o seu libro. Algunhas das tarefas que realizamos este venres en torno a él foron
Primeiro tocaba ensinarnos e contarnos as páxinas cubertas na casa...Xa sabemos que a súa comida favorita é o polbo á feira (tivo sorte porque hoxe tocaba no comedor), a súa mascota é unha cadela, a súa música favorita é "Gato marramamiau" e a súa serie Patrulla Canina



Ensinounos algúns xoguetes que trouxo:
 Por suposto, o tractor coas vacas e o camión de bombeiros foron os preferidos
 Un puzzle enormeee dun cadelo
 E aproveitamos para mirar as vogais do puzzle que trouxo
 DEspois tocaba completar o seu libro ca cor favorita, os seus amigos e a súa medida



Así quedou o seu libro: