fondo

domingo, 10 de marzo de 2019

Xoves e Venres

Aquí podedes ver a última das actividades que engadimos ó encargado do calendario. Contar cantos nenos e nenas hai na clase, sumalos e facer o número na bandexa de area.


Estivemos a facer outra actividade de atención. Primerio recoñecemento das palabras que designan as cores: ROJO, AMARILLO, VERDE, ROSA, AZUL, NARANJA
Despois tiñan que rodear cada animal segundo o código de cores establecido...Non podíamos deixar pasar a ocasión sen escribir os nomes dos animais que había na folla.




Ó facer paquetes de palillos de dez axudamos a ver dun só vistazo a cantidade total que hai

O venres estivemos facendo xogos moi doados sobre cantidades do 1 ó 5. Recoñecemos o número, colocamos tantas "tapas mariquita" como indica o número e preguntamos Se só se ven dous e marca tres, cantas están agochadas? Aínda que parece un xogo doado non o é tanto...



Pero tamén adicamos un ratiño a xogos grupais que nos axuden a despertar (algún viña moi dormido) e tamén a disfrutar cos compañeiros, a levarnos ben, a reir...
 O primeiro xogo consistía en intercambiar o sitio do rei (cadeira central) segundo unha cor que eles tiñan en parella...cal dos dous conseguiría o trono Real...
 DEspois cambiamos as cores por números


 Despois estivemos facendo uns xogos de situación: DIANTE-DETRÁS, ENRIBA-DEBAIXO, A UN LADO E A OUTRO...
 E continuamos cun pequeno circuíto...por debaixo e por arriba


Tamén estivemos facendo composición dos nomes dos animais da granxa...mirade que ben!




Ningún comentario:

Publicar un comentario