fondo

mércores, 13 de marzo de 2019

UN POUCO REVOLTOSO...

Hoxe foi un día revoltoso, de esos que parece que non das traballado nada porque non están para iso pero pouco a pouco fomos calmando enerxías ou máis ben encauzándoas para outras tarefas. A primeira hora e despois de psicomotricidade estivemos facendo todosss o calendario (Tatiana era a encargada que nos servía de referencia). Uns no chan, outros no encerado, outras nas pizarras ou cos archivadores...o caso era facelo










Despois intentamos centrarnos un pouquiño nas cousas que xa coñecemos sobre as vacas. Sabemos moitas partes externas do seu corpo, como fan e que comen. Tamén sabemos que os terneiros maman das ubres pero nos tamén tomamos esa leite, ou os gatos se lla damos.
Estivemos "lendo" un pouquiño palabras que podían ser ou non da vaca e aquelas que eran correctas fómolas colocando no seu sitio
Tivemos que engadir algunha que non tiñamos como barriga, campanilla ou cornos
E así vai quedando o noso mural

Tamén fixemos outra tarefa de recorte e pega que precisa de certa concentración e os axuda a centrarse un pouquiño e calmar tanta enerxía. Neste caso a tarefa era entorno o alfabeto



E nun segundo momento, en parellas ou pequeno grupo, segundo ían acabando fixemos unha actividade de recoñecemento de sons, que tamén nos serviu para asociar sons con letras que aínda non coñecemos ben así como repasar o trazado das mesmas. " Ca cor azul repasamos todas as vogais" "Ca cor vermella repasamos a letra que sona mmmm, ou sssss"



O fixeron fenomenal case todos...porque con algún non me deu tempo a rematar...mañá máis😀

Ningún comentario:

Publicar un comentario