fondo

mércores, 13 de marzo de 2019

ACRÓSTICO...

Ca palabra que lle tocou formar ó encargado MUÑECA fixemos un Acróstico...Para ser o primeiro non está nada mal? Primeiro dixemos varias palabras que comezaban por M... e despois escollemos unha para escribir. A algún complicouselle un pouco o espacio e orden das letras pero o importante nunca é facelo perfecto (non na primeira vez) senón xogar cas letras, os sons e as grafías.








Tamén estivemos a facer un puzzle. Xa recortan moi ben e o puzzle déuselles fenomenal...Xa teñen ben aprendidos os hábitos de un agarre da tesoira correcto, recorte en línea recta, certa orde para non mezclar as fichas cos compañeiros e tamén á hora de empregar o pegamento.






Ningún comentario:

Publicar un comentario