fondo

xoves, 21 de marzo de 2019

4º SESIÓN CAS FAMILIAS ACTUALIZADa!

Este venres faremos a derradeira sesión cas familias e contaremos ca visita de: papá de Asier, papá e mamá de Teo e a mamá de Lucas.

Os xogos que temos pensado facer son os seguintes:



  1. SPEED CUPS. Este xogo consiste en ordear os teus vasos de cores segundo unha tarxeta amosada, pero tes que ser o primeiro para darlle o timbre. Cada neno ten cinco vasiños de cores diferentes, o director levanta unha tarxeta e os nenos teñen que ordear as súas tazas dacorda á tarxeta. Cando acabe tocará o timbre. (pode resultarlles un pouco difícil pero vamos a probar)

Imaxe relacionada




  1. CINQUILLO. Vamos a xogar a un clásico da baraxa española pero vamos a empregar as cartas do UNNO para xogar. As regras son similares:
  • Cada xogardor xoga con 9 cartas
  • Empieza o xogador que teña o  cinco amarelo
  • O seguinte pode colocar outro cinco (abriendo outra familia) o algún número ascendente o descendente do cinco amarelo (serían o catro amarelo ou o seis)
                                    Resultado de imaxes para cinquillo con el unno


Y



3.CARREIRA NA GRANXA. Este xogo consiste en ser o primeiro en chegar a granxa. Cada nen@ é un animal da granxa e por turnos, tiran o dado (que só ten do un ó tres) para ir avanzando no casilleiro. Variante: podemos poñer trampas polo camiño para facelo máis divertido (as casillas cunha x volves a saída; na casilla cun corazón volves tirar; as casillas cun círculo un turno sen xogar...)






4. BINGO. E non podía faltar outro clásico. Pero nesta caso será un bingo especial, un bingo de rimas. A mamá ou papá encargado irá sacando unha tarxeta e teñen que ir buscando se algunha imaxe dos seus cartóns rima boca-foca, gato-pato...Se é así colocan un marcador na imaxe. O primeiro en conseguir todos os marcadores gaña.





Aquí tedes a derradeira sesión cas familias. Dárvolas gracias a tod@s por facer un esforzo por vir e agradecervos a boa compañía.



Ningún comentario:

Publicar un comentario