fondo

martes, 12 de marzo de 2019

3º SESIÓN CAS FAMILIAS

Xa estamos preparando a próxima xornada cos papás e mamás para este venres. Contamos cos papás de Adrián, a mamá de Cloe e o papá de Efrén. E os xogo que vamos a empregar son os seguintes:


1. DOBLE de animais.  Hai que buscar o  animal común entre as cartas. Un das variedades do xogo e repartir unha carta a cada participante e o resto colocaranse no centro do xogo. A unha orde dada e todos á vez descubren a carta  e intentan buscar o animal común que teñen ca do medio. O primeiro que acerte gaña a  carta. Gaña aquel que máis carta consiga

2. SUPER CERDO. Un xogo de cartas que tamén permite xogar ó memori.
O xogo coñécese como MISTIGRI o revés. Repártense todas as cartas entre os participantes e teñen que facer parellas de iguais, colocándoas boca arriba diante súa para que o resto as vexa. Cando xa non pode facer máis, por turnos, van roubando unha carta o compañeiro do lado esquerdo, se lles sirve para facer unha parella fana, senón quédase con ela. Así todos os participantes ata que se acaben as cartas agás unha que é a que lle fai perder porque non ten parella.
3. PIRATAS.
Os piratas andan na procura do seu tesouro e teñen que avanzar por tunos polo taboleiro  a ver que pirata consegue o maior número de moedas de ouro. Cada casilla do taboleiro ten un debuxo: loro, tiburón, farol...que obliga a coller unha carta co mesmo debuxo. Estas cartas faranlles gañar ou perder ouro. Quen chegará a meta con máis moedas?
4. A GALIÑA E O ZORRO.  Este é un xogo cocperativo no que entre todos teñen que intentar salvar todos os ovos da galiña antes de que veña o zorro. Conta cun taboleiro ca imaxe dun zorro e unhas cartas que iran collendo por turnos. Unhas axudaranlles a recoller os ovos pero outros serán as pezas do puzzle de zorro. Conseguirán rescatalos antes de que acabe o puzzle?




Recórdovos que o horario é de 10 á 11:15. Faremos catro recunchos cos catro xogos e vós dirixiredes un deles. Os nen@s irán rotando cada 12 minutos máis ou menos.

ESPERÁMOSVOS!

O venres 22 de marzo faremos a 4º e derradeira sesión cos seguintes papás: papá de Asier e a mamá e o papá de Teo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario