fondo

mércores, 20 de marzo de 2019

UN REMIX DE TAREFAS NAS QUE ANDAMOS ENREDADOS


Estos días andamos enredados en diferentes tarefas como esta que vós amosamos de orientación espacial:




Sempre aproveitamos para escribir un pouquiño as palabras dos debuxos que aparecen nas fichas.

Unha ficha de atención moi peculiar. Había que buscar as partes que precisabamos para construir esta galiña "robot"

Tamén fixemos un dictado sonoro, é dicir, eu vou dicindo sons e eles teñen que escribir a letra correspondente. Unha vez rematado teñen que adiviñar a palabra segreda. E para finalizar poñemos ó lado a súa pegatina.


E non podía faltar un puzzle que primeiro temos que recortar e despois montar.




Ademáis, sempre que temos un ratiño despois de lavar as mans para o comedor non perdemos o tempo...adicámonos a programar...si, si, estamos xogando os angry birds con código de programación: dereita, esquerda, arriba e abaixo e facémolo moi ben.

Hoxe concretamente adicámoslle un ratiño máis e cada vez vamos superando probas máis complicadas.







Ningún comentario:

Publicar un comentario