fondo

domingo, 1 de outubro de 2017

Comezamos a sentar as bases...

Comezamos esta semana xa co horario completo e empezamos a asentar un pouquiño algunhas das rutinas propias da aula de infantil.
O chegar sempre contamos un conto ou cantamos o conto, e facemos algun xogo de dedos e mans para ir traballando a forza dos mesmos.



Despois traballamos un pouquiño nos recunchos, básicamente consiste en actividades diferenciadas en catro grupos de mesas e os nen@s van rotando nas mesmas: puzzles, construccións, animais, plastilina, coches... Nestes momentos o obxetivo principal é coller o funcionamento dos mesmos e compartir un espazo e xogo cos compañeir@s: todos vamos a xogar en todos os rincóns pero no momento preciso.


Noutros momentos facemos xogos ca caixa de Soplo, da que sacamos unhas veces un pompeiro para facer pompas, plumas, molinillo de vento... ou miramos na pantalla a Pepa Pig facendo praxias que tratamos de imitar. Con este tipo de tarefas traballamos todos os órganos da boca, meixelas,labios... que nos axudan a falar correctamente.


O patio tamén constitúe un momento de xogo e coñecemento do resto de compañeiros de infantil. Esta semana puidemos disfrutar de un tempo moi bo que nos permitiu sacar as tizas para decorar o chan do patio aínda que algún dudaba de se eso estaba ben "mi mamá va a reñir porque sólo se pinta en el papel" ajjajaajaj



 E despois do patio toca relaxarse  e para que o momento sexa un pouquiño máis doce acostámonos no chan e colocamos un osiño de gominola na frente ¡Hai que mantelo ahí! Despois podemos comelo, por suposto.



E pouquiño a pouco ímonos adaptando a vida na aula e os nosos compañeir@s e mestras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario