fondo

luns, 25 de setembro de 2017

Recomendacións, recordos...

Hoxe deu comezo o horario normal para os nen@s de 3 anos e notaron o cambio de horario e zona de entrada. A todo novo cambio cústanos adaptarnos pero podedes estar tranquilos que unha vez que chegamos a zona coñecida xa non houbo máis choros, polo menos ata a hora do comedor (pero pronto se calmaron) Aproveito para recordarvos algunhas cousiñas que igual non mencionei na reunión:


  • Todos os venres levarán o VASO para casa para que o lavedes (para o próximo trimestre igual non o levan porque será unha actividade máis da aula)
  • Non é necesario que traian botellas de auga porque xa comezou a traída de auga (cada semana un nen@ será o encargado de traer as botellas para todos)
  • No caso do MANDILÓN únicamente irá na mochila se está moi manchado.
Algunhas veces levan o vaso por equivocación na mochila ou a gorra do patio porque todavía lles custa deixar cousas no cole, pouquiño a pouco iremos regularizando as rutinas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario