fondo

domingo, 24 de setembro de 2017

PERÍODO DE ADAPTACIÓN...

Comezamos un novo curso e con iso un novo grupo de 3 anos. É un momento de emoción, ilusión, ledicia, sorrisos, nervios, choros... un pouquiño de todo. Pero aquí estamos para dar a benvida a este novo grupo, 17 nenos e nenas de 3 anos, aínda que algúns non os teñen todavía.

Estas semanas estivemos coñecendo un pouquiño a aula e tamén demos algunha volta polo centro para ir perdéndolle medo a este novo espacio descoñecido. Coñecemos @s compañeir@s e tamén viñéronnos visitar o resto de profesorado.

Entre plastilina, coches, animais, pezas de construcción, puzzles e tizas fomos coñecendo o espacio e disfrutando un pouquiño sen a presenza das mamis e papis. Comezamos tamén a sentarnos na alfombra a contar e cantar e os primeiros rincóns de xogo. Xa case rematamos o mantel da merenda e tamén fixemos boliñas de papel para encher a barriga do polo Pepe. Aquí tedes as primeiras fotos das nosas experiencias...Fai CLICK para ver máis fotos.

                                                  PRIMEIRAS SEMANAS








Ningún comentario:

Publicar un comentario