fondo

martes, 24 de outubro de 2017

¿QUÉ FIXEMOS NA ESCOLA?

ACTIVIDADES NOVAS
Hoxe engadimos unha pizarra magnética na que atopamos dúas siluetas do corpo e as pezas para vestir ó neno e á nena: traballamos as partes do corpo e o vocabulario das prendas de vestir.

A BOLSA SECRETA ¿QUÉ ESCONDERÁ?
Traballamos o sentido do tacto e o vocabulario de diferentes obxectos que atopamos na nosa aula.




ACTIVIDADES EMOCIONAIS
Hoxe contamos algunha poesía do conto "Versos de cuento" sobre un fantasma, un vampiro namorado e facer unha tarta para unha bruxa. Despois falamos do fantasma comemedos que atopamos ó chegar á aula e decoramos un fantasmiña pequeniño onde fun escribindo os medos que cada ún tiña: lobos, arañas, oscuridade, globos, cans.. cada día van saíndo novos medos. Despois tocou alimentar ó Fantasma... ¡tantos medos comeu, que a boca rompeu!










Tamén comezamos a facer os nosos fantasmas para a decoración do cole ¡mirade que ben nos están quedando!





ACTIVIDADES DE OUTONO
Para traballar a psicomotricidade fina axudamos a unha cabaza, moi típica no outono, a engalanarse. Colocaron os gomets laranxas estupendamente nos oquiños e logo pintamos un pouquiño máis.











Pero non só isto, tamén xogamos no patio, fixemos actividades das gabetas, relaxámonos, traballamos MOITOS POUCOS cos coches....

Ningún comentario:

Publicar un comentario