fondo

domingo, 22 de outubro de 2017

TAREFAS DESTA SEMANA...

Esta semana andivemos enredados en novas tarefas que fun engadindo na aula. Como norma xera, fago a presentación da tarefa para que coñezan o obxetivo da mesma, aínda que unha mesma tarefa ás veces pode ter varias actividades para eles:
  
traballamos a psicomotricidade fina e a creatividade: xogos con pinzas e colocarlles os lunares á mariquieta ou raias á abella

picado de formas xeométricas



           
trouxemos unha fregona e tivo un éxito bárbaro


Seguimos co proxeto "ESTE SON EU" "ESTA SON EU" e estivemos a mirar a nosa foto, nome e as letras que compoñen o nome. Esta actividade todavía é un pouco complicada para os nenos de 3 anos, sobre todo no que se refire a composición do seu nome a través das letras soltas, seguindo unha orde... pero é un primeiro contacto con elas que repetiremos ó longo do curso. Tamén plasmamos as nosas mans en pintura, actividade que nos encantou.

 

 


Outro pequeno proxeto que estamos a levar a cabo está relacionado ca estación do OUTONO. Trouxemos algunas froitas típicas que se dan nesta estación para traballar o vocabulario propio e tamén estamos a facer unha manualidade observando unha árbore de outono a que se lle caen as follas. Para facer esta actividade taladramos en folios de cores e recortamos goma eva.





A ELIPSE  e o túnel. Nestas idades non podemos falar de actividades sin engadir actividades de movemento, control do equilibrio, gateo... Necesitan moverse para aprender e para relacionarse.








Ningún comentario:

Publicar un comentario