fondo

luns, 23 de outubro de 2017

COMEZAMOS O LUNS CON ENERXÍA...

Hoxe estivemos traballando un montón. As rutinas xa están moi establecidas: facemos xenial a fila, colgamos as nosas cousas no percheiro, xa sabemos xogar cas actividades que hai nas gavetas... ¡Estamos mellorando moitísimo! E por iso xa podemos facer máis actividades tanto de maneira individual como en gran grupo.

ACTIVIDADES DA VIDA COTIÁ
É moi importante que vaian collendo unha maior autonomía (sí, é verdade, dígoo moitas veces jajaj) porque este aspecto fortaleza a súa confianza e autoestima, vaise facendo máis seguro de sí mesmo... e con isto xa temos moito gañado para traballar todo o que queiramos.

con Bigotes aprendemos a usar cremalleiras, botóns e velcro

ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE GROSA E FINA

  • MÚSICA. Obxectivo principal: desfrutar da música e dos compañeir@s, e xa despois, traballamos o equilibrio, parar cando a música manda, mover os brazos arriba e abaixo, as pernas, os dedos e a cabeza ca canción "soy elástico" e tamén vamos de caza, e nada menos cun león. E despois de escalar unha montaña, nadar unha laguna e entrar nunha cova... alí estaba, o león ¡a correr!

  • PELOTAS. Hoxe presentamos un novo material, as pelotas blandiñas. Son estupendas para realizar un montón de xogos como apretar e afroxar as mans, poñelas en distintas partes do corpo, andar con elas entre os xeonllos sen que caia ou frente a frente cun compañeiro...




ACTIVIDADES DE LÓXICA MATEMÁTICA

Demos comezo a algunhas tarefas nas que imos a prepararnos para un posterior coñecemento dos números, pero antes de todos esos signos raros temos que traballar con cantidades, similitudes, equivalencias, arriba e abaixo... e un sinfín de cousas.
aproveitamos as pelotas para traballar MOITOS e POUCOS, e despois tamén empregamos os animais. Parece que o recoñecemento é fácil pero cando nos toca facelo a nós, xa non o temos tan claro... ¡é o primeiro día! Seguiremos practicando.


ACTIVIDADES CAS EMOCIÓNS
O conto de hoxe tratábase cun coelliño que nos contou a que lle tiña medo... Esta semana imos traballar sobre esa emoción tan importante e prepararnos así para ó vindeiro Samaín... Contamos os compañeir@s os nosos medos... ou falta de eles: arañas, tormentas, oscuridade, serpes...

OUTRAS ACTIVIDADES QUE PASAN A FORMAR PARTE DAS GAVETAS

  • CORRESPONDENCIA. colocamos unha pedriña en cada punto negro


  • PEGADO E RECORTADO. pegamos gomets nas celdas preparadas e recortamos polas líneas divisorias... más  o menos ajajjajaja




ACTIVIDADES DE LINGUAXE. Non poden faltar. Todos os días xogamos con algún material ou actividade para poder falar cada vez mellor. Hoxe tocou o soplo e nada máis doado que facer burbullas na auga cunha palliña. Despois fixemos unhas bolas con papel de seda e xogamos a soplalas e encestar.




Ningún comentario:

Publicar un comentario