fondo

domingo, 8 de outubro de 2017

ESTA SEMANA...

Nesta primeira semana de outubro arrancamos co primeiro mini proxecto  do curso: "Este son eu" "Esta son eu"  Estivemos a traballar cas nosas cariñas: observación dos compañeir@s, búsqueda, nombrar, convertémolas en puzzles e montámolas, pegar e escribir o nome:




 Tamén estreamos os nosos mandilóns co traballiño que eso supón: mangas dereitas, sacar botóns, poñer botóns... Esta é unha boa actividade para a súa autonomía que é preciso entrear para facerse cada vez máis autónomos e a vez, coñecer e axudar un pouquiño máis ós compañeir@s xa que é máis doado axudar cos botóns ós compañeir@s que nun mesmo.

Fomos incluíndo xogos novos que podemos ir collendo libremente sempre respetando unha serie de normas básicas: escollo o xogo, busco un sitio libre, xogo o tempo que necesite e ó rematar levo todo colocadiño o seu sitio para que outro compañeir@ poda utilizalo.




 


E esta semana, aproveitando o bo tempo, fomos a coñecer o areeiro. ¡Encantoulles! Algún decidiu que como xogaba na area tiña que sacar os zapatos ¡como na praia! Unha fantástica oportunidade para traballar o sentido do tacto que supón a area nos pés. O xogo na area é unha fantástica actividade para os nen@s e encántalles, pero ademáis ten engadido a necesidade de poñer e sacar os zapatos para eliminar a area que tanto molesta nos pés... outra actividade fantástica no traballo da autonomía. Por ahora todas estas tarefas lévanos moito tempo pero pouquiño a pouco vamos facéndonos máis autónom@s e temos máis tempo para dedicarlle a outros traballos.


E, como non podía ser de outra maneira, unha actividade con gomets. O principio cústalles un pouquiño sacar as pegatinas e a precisión necesaria para colocalas no seu lugar pero como todo, é cuestión de práctica.









Ningún comentario:

Publicar un comentario