fondo

luns, 5 de novembro de 2018

RECUNCHOS MATEMÁTICOS...

Hoxe despois do recreo estivemos xogando nos recunchos matemáticos:
  1. LÓXICA: Seriacións de tres elementos. Mantemos a temática do Samaín cos obxetos que recortamos a semana pasada.

2.NUMERACIÓN. Puzzle monstruoso. Cada nen@ conta cunha plancha que ten como fondo un monstruo e as pezas que compoñen ese monstruo marcadas, cada unha, cun número (puntos do dado).  Por turnos lanzan o dado e van colocando a peza correspondente. Quen o construirá primeiro?
3. RECORTADO. Recortar tiras de papel para encher unha línea que despois podemos convertir en serpe, dragón...e outras cousiñas que se lles ocorreron ( tivemos o tempo un pouco xusto e quedounos pendente de rematar)
4.PLASTILINA. Facemos ourizos cachos con plastilina e palillos







Ningún comentario:

Publicar un comentario