fondo

luns, 5 de novembro de 2018

LUNS SILÁBICO

Arrancamos a semana con Cloe como encargada da Asamblea pero antes estivemos falando un pouquiño dalgunha cousa que fixemos estos días: algún foi a casa da prima, outros a buscar castañas, outros á feira e algún foi de tendas 😁 É un momento moi chulo no que teñen que aprender a falar para os outros, respetar turnos, escoitar, recordar cousas pasadas e ademáis facémonos preguntas como "qué facemos cos coches estropeados?" Ou temos que regar cando chove?



LUNES: León, Unicornio, Nutria, Elefante e Saltamontes

Despois traballamos un pouquiño coa conciencia fonolóxica: cantidade de sílabas-palmadas dos nomes dos animais...


Enténdeno bastante ben e sempre o comprobábamos saltando por riba dos círculos.
Posteriormente fixemos unha pequena clasificación : Ten ou non alas....


Bastante ben aínda que tivemos unha pequena conversación cando chegamos ó galo. O que o escolleu dicía que NON e outros que tiñan na casa galos dicían que SI. Ó final quedamos convencidos que teñen alas aínda que o de voar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario